Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Segundo un informe da ONU

No Brasil descóbrense 30 mil casos novos de sida ao ano

Ao parecer, os esforzos na prevención comezan a dar resultados, pero con isto non chega para reverter unha enfermidade que se ten convertido en epidemia no país americano.

Redacción - 15:40 03/08/2008
Informe da ONU sobre a sida

Informe da ONU sobre a sida

Segundo o Informe Mundial sobre a Sida 2008, presentado no Brasil esta terza feira polo coordinador do Programa DST/Sida para as Nacións Unidas (Unaids), Pedro Chequer, os esforzos de prevención da doenza comezan a dar resultados, mais non é suficiente para reverter a epidemia global en ningún país do mundo, nin no Brasil, onde aínda se descobren 30 mil casos novos cada ano.

Brasil é o país con maior índice de contaxio do VIH de América Latina: perto de 730 mil persoas padecen a enfermidade, o que corresponde ao 0,6 por cento da poboación. Porén, a coordinación da Unaids eloxiou o programa brasileiro de combate e control da doenza, mentres facía públicos os datos globais deste seu informe, sobre todo porque se fixeron grandes esforzos na prevención da doenza e déronse maiores garantías no acceso ao tratamento, é dicir, universalizouse a cobertura de tratamento e de prevención nos últimos anos.

Dende o ano 2000, o Brasil pasa por un período de estabilidade con relación á incidencia da doenza.

Daquela, por que hai 30 mil novos contaxios ao ano?
A pesar do traballo feito no Brasil, segundo Chequer, a enfermidade séguese propagando, entre outras cousas, pola falta de iniciativas locais. Para o coordinador do programa da ONU para o combate da sida, os gobernos locais deberan ser co-participantes das políticas de loita e control da sida, mesmo habendo poucos casos no municipio.

Os casos minguan no mundo, aos poucos
Segundo revelou Chequer en Brasilia, a tendencia é que cada no vaia caendo o número de casos da doenza, mais sen ter aínda acadada a universalización da cobertura de prevención e tratamento da sida.

Segundo o informe da ONU, en todo o mundo existen 33 millóns de persoas coa sida. A África subsahariana é a rexión do globo con maior incidencia do VIH: 22 millóns de persoas padecen a sida.

Para Chequer o gran desafío é a prevención, nun momento no que, aínda, non se consegue garantir o acceso de todo o mundo a un tratamento que faga a vida con esta doenza máis fácil.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O coordinador do programa Onusida, Pedro Chequer, en Brasilia / Fonte: Agência Brasil
O coordinador do programa Onusida, Pedro Chequer, en Brasilia / Fonte: Agência Brasil
"Precisamos de alimentos", di o cartaz da imaxe, gardada por bignaked no seu Flickr
"Precisamos de alimentos", di o cartaz da imaxe, gardada por bignaked no seu Flickr