Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Asemblea na Coruña

Os afectados en Galiza polas irregularidades nos contratos de Fadesa unen esforzos

O colectivo de consumidores Adicae coordina a acción e avisa contra os "chiringuitos" e despachos xurídicos que están aproveitando a crise para sacarlles cartos aos compradores.

Redacción - 18:30 29/07/2008

A necesidade de insistir na solicitude dos avais, se cadra "a única esperanza" para moitos clientes de Martinsa-Fadesa para recuperaren integramente as cantidades que xa lle achegaran á empresa, será unha das prioridades a debater nas asembleas que este mércores coordina a Asociación para a Defensa de Usuarios de Bancos e Caixas de Aforro (Adicae).

O colectivo elaborou un modelo de solicitude para que os consumidores presenten en todas as entidades financeiras que traballan habitualmente co grupo inmobiliario. Ademais, xa lle enviaron requirimentos formais ao Banco de España e á Consellaría de Vivenda, instando a que traballen en favor das garantías para os afectados e que estes poidan recuperar os cartos que adiantaran. Segundo a lexislación, eses cartos deberan ser depositados en conta aparte, cousa que agora mesmo non está claro se foi cumprido.

Por outro lado, Adicae chama a atención sobre os "despachos, consultings e chiringuitos" que están aproveitando a situación para tratar de que os afectados lles asinen poderes notariais coa fin de representalos no concurso de acredores. "Outórganselles poderes case ilimitados é ao cabo poden resultar moi caros", advirte o colectivo de consumidores, salientando que "a defensa mais eficaz e a menos custosa e a defensa colectiva, que so poden exercer as lexítimas asociacións de consumidores e usuarios".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: