O músico galego-francés ofrecerán dous concertos o 30 e 31 de xullo, antes de marchar a América.
O mércores 30 e o xoves 31 Manu Chao ofrecerá na Praza de Touros de Baiona, en Iparralde, os derradeiros concertos da súa xira europea. A xira abriuse en galego, cos espectáculos que ofreceu en Monforte e na Coruña en xuño, e pecharase cunha forte presenza do noso país, igualmente. Ao igual que sucedera nos concertos que tiveron lugar no noso país, Manu Chao e Radio Bemba estarán acompañados en Francia por Festicultores Troupe, autodenominados Exercito Gherrilleiro das Festas Armadas (EGFA)
Será a primeira vez que os Festicultores actúen fóra da Península, despois de que o pasado 20 de xullo colleitasen un éxito rotundo no Festival de músiques del món de Tarragona. O EGFA advirte de que anda na procura "de reclutas que teñan moito aguante" e de que só "os mellores aspirantes "poderán pasar as probas e ingresar na lexión festeira".
Os concertos de Manu Chao son o máis destacado das tradicionais festas da localidade, que comezan o 30 de xullo e chegan até o 2 de agosto. Ao igual ca nos San Fermíns de Iruña, as cores máis empregadas son o branco e o vermello, presentes nas roupas de todos os asistentes.