Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Instaláralle un "troiano" a través do e-correo

Detido un empresario vigués que remexía nun computador da competencia a través dun virus

A pegada do acceso fraudulento a contas do banco, caixa de correo e datos de clientes dun empresario vigués, rematou coa detención dun empresario rival.

Europa Press / Redacción - 12:00 29/07/2008

A investigación comezara cando un empresario denunciou que se accedera de forma fraudulenta a distintas contas de correo electrónico e contas bancarias das que era titular. As contas estaban relacionadas con varias das súas empresas, dedicadas a reparacións urxentes do fogar.

Analizados os equipos informáticos da empresa denunciante constatouse que estaban infectados por un programa de tipo troiano, instalado de forma automática cando o denunciante abriu un correo electrónico cunha suposta factura dun dos seus provedores.

Dende ese momento, o becho comezou a monitorizar as operacións realizadas no ordenador espiado, enviando informes periódicos das actividades ao detido, que obtivo contrasinais de acceso a contas de correo, contas bancarias e outros servizos de internet. Grazas a isto, o denunciado conseguiu cuantiosa información privilexiada sobre clientes, provedores e outras relacións comerciais das empresas espiadas.

A investigación iniciada por axentes do Grupo de Seguridade Lóxica da Brigada de Investigación Tecnolóxica da Comisaría Xeral de Policía Xudicial, en colaboración da Brigada Local de Policía Xudicial de Vigo, deu finalmente co responsábel doutra empresa do mesmo sector, adicada a reparacións urxentes do fogar, e quen se lle acusa agora dun delito de descubrimento e revelación de segredos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: