Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Consegue o pase en Tenerife

O decathleta David Gómez únese ao grupo galego para Beixín

Éxito para o mozo d'O Rosal, que esta fin de semana gañou o ouro no estatal e de paso chimpou por riba da mínima necesaria para as Olimpíadas.

Redacción - 09:00 28/07/2008

Unha das máis fermosas competicións no escenario do atletismo, o décathlon aquela onde os deportistas miden as súas capacidades en até dez especialidades diferentes para definir quen deles é o atleta máis completo, terá en Beixín un aspirante galego a medalla.

Será David Gómez, que a pasada fin de semana completou unha espectacular competición en Tenerife, nos campionatos estatais de atletismo. O decathleta galego asinou un total de 7.736 puntos, resolvendo o suspense na última proba, os 1.500 metros, onde parou o cronómetro en 4'33'', sete segundos por baixo da mínima necesaria. Anteriormente, molestias físicas deixárano por baixo do seu rendemento habitual en lanzamento de xavelina, malia que sorprendera despois o seu rendemento en pértega.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: