Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Releva a Contador no máis alto do podio

Sastre marcha á casa co Tour 2008

Vitoria para o corredor do CSC despois da xesta do mércores nunha das cimas históricas do ciclismo, Alpe D'Huez. Evans outra vez segundo e a revelación, Khol, acompáñano no podio.

Redacción - 19:00 27/07/2008

Carlos Sastre formouse como corredor na localidade de El Barraco, en Ávila, de onde xa saíra hai anos un dos que no seu momento foi un dos mellores escaladores do pelotón internacional, José María 'Chava' Jiménez. Ao igual que o finado Chava, Sastre destaca especialmente na montaña, malia non ser como aquel un corredor explosivo, pero suplir esa condición con consistencia, forza e regularidade.

Moitas outras veces se viviran xornadas de excelente ciclismo a pé da montaña de Alpe D'Huez, unha das consideradas cimas máis importantes no deporte da bicicleta desde que en 1952 a coronara en primeiro lugar o famoso Fausto Coppi. A cita en 2008 non defraudou, e ofreceu o pasado mércores 23 unha loita desde o mesmo inicio. Desta vez, o que mellor aproveitou a oportunidade foi Carlos Sastre, que atacou nas primeiras ramplas e completou as 21 reviravoltas da subida sumando unha vantaxe que lle serviu para chegar primeiro a París superando con desafogo a crono deste sábado, unha especialidade onde non se ten destacado.

Alén de Cadel Evans, segundo clasificado na carreira igual que hai un ano, destaca no podio o terceiro posto de Bernhard Kohl, un austríaco que con apenas 26 anos apunta e no seu cuarto ano de profesional. Kohl gañou o maillot de lunares que se lle concede ao que máis puntos consegue na montaña pero confírmase como un corredor completo, que roda ben en todos os terreos e promete protagonismo nas carreiras de agora en diante.

Un Tour que finalizou sen presenza galega en París este ano, despois de que a unha semana de París o gañador de 2006, Óscar Pereiro, sufrise unha grave caída. No momento do accidente Pereiro era o 15º clasificado na xeral, cunha traxectoria irregular aínda que sempre asomando a roda entre os mellores da carreira e aspirando a rematar entre os dez primeiros.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: