O albino Johnny Winter, lenda viva do blues, protagoniza a noite do 24 na cidade,
Produciu moitos dos álbumes de Muddy Waters e entre os admiradores da súa música atópanse Bob Dylan ou Keith Richards, que chegou a dicir que prefería a versión que Winter realizara do Jumpin' Jack Flash que a súa propia. Será polo tanto unha noite de blues dentro do Festival Internacional de Jazz de Pontevedra. O concerto comezará ás dez e media da noite na Praza da Ferrería e comezará coa actuación da promesa do blues Scott McKeon.
As noites do 25 e do 26 continuará a música na cidade, coa actuación do Kenny Barron Trio, con máis de corenta anos de experiencia no mundo do jazz, o venres 25; e de Janiva Magness o sábado 26.