Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
II edición do Sadautor

Mostra de música de autor en Sada esta fin de semana

A xuntanza que vai camiño de consolidarse como cita anual, foi unha idea do compositor local Paris Joel.

Redacción - 10:00 01/08/2008

O vindeiro sábado 2 de agosto ten lugar en Sada a II edición do Sadautor, unha mostra de cantautores galegos que organiza o compositor sadense Paris Joel.

Esta segunda edición contará con todos os artistas que participaron o pasado ano e coa actuación do cantautor local Pedro Alisedo. Desta volta mudan de escenario, pasando as actuacións á zona arborada “O Curruncho”, onde tradicionalmente se fai a famosa sardiñada de Sada.

O cartel deste ano fórmano Carlos Bau, David Taboada, César de Centi, Pablo Rubén Fernández, José Luís Paz, Paris Joel e Lovexo (Jeannie Belgrave), aos que poderemos ver a partires das oito da tarde no concello coruñés.

O Sadautor partiu da idea de Paris Joel de crear un espazo de encontro entre todos os cantautores que se moven na escena local coruñesa coa finalidade de amosar ao público os seus avances e progresos. A idea comezou na Terraza do Oasis nun ambiente festivo que tivo grande repercusión nos medios e afluencia de público.

Este ano o evento institucionalízase co obxectivo de perdurar no tempo e de ser un referente nacional dentro do xénero da música de autor, polo que conta coa colaboración e o patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello de Sada e da Asociación de Músicos de Sada.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: