Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Curdistán

O PKK libera tres montañeiros alemáns capturados hai dez días

O secuestro produciuse dúas semanas despois de que Alemaña prohibise a emisión dunha canle de TV curda, a que acusan de ser "voceira" da guerrilla.

Redacción - 12:55 20/07/2008

Segundo informan os medios internacionais, os tres montañeiros alemáns que o PKK tomou como reféns o pasado 9 de xullo foron liberados. A guerrilla curda ameazara con non ceibalos se o goberno de Alemaña non mudaba a súa política con respecto ao conflito do Curdistán.
 
"Temos os montañeiros alemáns. O ministro de Exteriores Ali Babacan chamou ao ministro de Exteriores alemán, Frank-Walter Steinmeier, para informalo", sinalou un voceiro do goberno de Turquía.

Os retidos formaban parte dun grupo de 13 montañeiros que estabeleceron o seu campamento base a 3.200 metros dealtitude, no monte Ararat, o máis alto de Turquía e un destino turístico popular .

A súa captura produciuse dúas semanas despois de que Alemaña prohibise a emisión dunha canle de TV curda, a que acusan de ser "voceira" do PKK.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: