Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O hospital da Coruña cambia o nome

"É unha cuestión de dignidade", celebra a CRMH

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña felicita a decisión de suprimir oficialmente o nome de "Juan Canalejo" do centro hospitalario.

Redacción - 09:00 18/07/2008

"Estamos ante unha decisión política, que se debeu tomar hai moito anos", apuntan desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, CRMH, recordando que era o único hospital en Galiza e no Estado español que levaba o nome "dun dirixente franquista". Interpretan ademais que nesta decisión "tivo moito que ver o cambio de goberno na Xunta e o cambio de goberno no Concello da Coruña". Lembran tamén que en moitas ocasións, PSOE e PP "negáronse en numerosas a apoiar as iniciativas levadas ao Pleno da corporación para cambiar o nome do hospital". Tamén din lamentar que o PP "pretenda confundir á opinión pública mesturando o tema do cambio de nome coas listas de espera e a mellora da sanidade pública".

"Non é un acto de rancor ou revancha, senón de xustiza e dignidade; a partir de agora a marca de calidade do hospital será A Coruña; isto suporá un gran prestixio para a cidade e axudará a que A Coruña sexa coñecida en todo o mundo", felicitan. Engaden ademais que Juan Canalejo "non é un mártir, como algúns queren presentalo". A súa morte en Paracuellos, sen xuízo previo, foi un crime, "que foi lamentado polo propio Goberno da República", indican, precisando que aínda daquela sendo un militar retirado, Canalejo foi fundador da Falange, e dedicouse dentro da organización "a preparar un grupo armado e violento –Primeira Línea- que se dedicou a realizar todo tipo de actos terroristas contra o goberno legal e constitucional, para provocar o seu derrocamento".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: