Unha semana de espectáculos na capital do país para promover a relación intercultural entre Galiza e Romanía.
O Ministerio de Cultura romanés e máis a Fundación Marconi do país financian e promoven o programa Promocult, que en colaboración coa Concellaría de Festas de Compostela, pretende dar a coñecer en Galiza a cultura de Romanía co gallo do seu recente ingreso na Unión Europea.
A Asociación Ponte cultural romanés-galego organiza unha semana de espectáculos de música e teatro nas rúas da capital co obxevtivo de promover a relación intercultural entre os dous países. Música tradicional, pasarrúas, danza e teatro que poderemos ver entre os días 18 e 26 de xullo.
O programa comezou este venres 18 cun concerto de Emy Dragoi e a banda Etno-fonia na praza do Toural. Este sábado, músicos e actores romaneses han percorrer as rúas do casco vello e presentarán unha obra para nenos e o domingo 20 o grupo Etno-fonia fará un gran concerto na praza da Quintana con coreografía da compañía de Teatro Nacional de Romanía.
A programación continua até o sábado 26 de xullo con actuacións na praza das Praterías de actores romaneses e o grupo galego de actores Pistacatro.