Desde hai meses diversos historiadores galegos, vascos e cataláns estiveron a traballar de cara a conformar un Galeusca que lembrara a vella unión tripartita 'Galeuzca'.
Diversas xestións, contactos e reunións deron lugar a un encontro que, para alén dun manifesto, pretende ir máis lonxe. Contodo, o punto de partida é o documento que asinan nun inicio máis de trinta investigadores e docentes de Historia dos tres países.
O manifesto completo:
Hai 85 anos Galiza, Euskal Herria e Cataluña eran tres realidades puxantes que camiñaban firme en favor da reivindicación da súas respectivas realidades. O medre de consciencia nacional nestes tres países fixo que en clave autodeterminista se manifestaran a través de diversas experiencias e desenvolveran con normalidade até o golpe militar reaccionario de 1936. Unha realidade que se encadraba na procura de cotas de benestar social e dignidade colectiva a atinxir nos nosos respectivos países. Nesta orde de cousas, as historiadoras e historiadores que asinamos o presente manifesto marcámonos a firme vontade de contribuírmos ao achegamento das culturas e sociedades galega, vasca e catalá, a través do recíproco coñecemento do seu respectivo pasado e a súa traxectoria cultural; necesario de cara a procurar solucións a problemas comúns.
As historiadoras e historiadores galegos, vascos e cataláns abaixo asinantes, investigadores e docentes vencellados a diversas institucións de recoñecida traxectoria,
-Afirmamos a nosa vontade de resgatar o espírito da Tripla Alianza de 1923, o Galeuzca de 1933 e os posteriores proxectos galeuzcanos no exilio desenvolvidos entre o 1941-46 e 1958-59, interpretados en chave inequivocamente progresista á luz das correntes de progreso social do noso tempo, así como de proxectar exteriormente a historia destes tres países nunha Europa en construción nun mundo cada vez máis globalizado.
-Reafirmámonos na firme defensa das nosas respectivas culturas e linguas, procurando a súa plena normalización fronte ao ataque que estas están a sufrir por parte de sectores antidemocráticos do noso entorno social.
-Esiximos desde Galiza, Euskadi e Catalunya o respecto necesario para o ensino galego, vasco e catalán, respectivamente, onde como en calquera sociedade normalizada a historia ocupe un lugar fundamental para sabermos explicar o presente e camiñarmos atinadamente cara o futuro. Así mesmo, denunciamos o recorte horario que no campo educativo está a se dar de aulas de historia, parello a unha unidireccionalidade currricular.
-Denunciamos a tentativa de uniformización que se promove a instancias do aparello estatal español, coa complicidade de determinados entornos culturais en clave españolista, na que unha visión elitista da historia borra todo testemuño obreiro, republicano e popular do noso pasado.
-Marcámonos o firme propósito de eliminar nos nosos territorios calquera presenza, por mínima que esta for, de simboloxía fascista e fascistizante, traballando a prol da democracia participativa e da recuperación da memoria histórica democrática.
-Denunciamos a persecución que padecen investigadores por desenvolveren o seu labor profesional, desde o máis absoluto rigor. Así, pois, combateremos conxuntamente calquera ataque que se puider dar nesta liña.
Por último, facemos un chamado a todos os profesionais da Historia a que aprofunden no coñecemento do noso pretérito e asuman unha función social activa en favor da normalización dos nosos respectivos países.
Asine aquí
Para novas adhesións, poden cubrir o formulario seguinte. (Logo de premer en "Asina" os datos non aparecerán automaticamente)
Primeiros asinantes:
-Fernando Acuña Castroviejo, catedrático de Arqueoloxía da USC
-Bieito Alonso, profesor de Historia e membro do Consello da Memoria
-Pere Anguera, Catedrático de Historia Contemporanea da Universitat Rovira i Virgili
-David Agustí, investigador e profesor de Historia
-Beleren Bakaikoa, investigador e profesor de Historia do Dereito da EHU
-Xusto Beramendi González, catedrático de Historia Contemporánea da USC
-Jordi Casassas Ymbert, profesor da UB
-José Manuel Castells, investigador e profesor de Historia do dereito da EHU
-Josu Chueca, contemporaneísta e docente da EHU
-Manuel Costa-Pau, investigador e editor
-Uxío-Breogán Diéguez, director do CEDAB e membro do Consello da Memoria
-Xavier Díez, investigador e xornalista
-Xosé Estévez, modernista e contemporaneísta, profesor da UD
-Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC
-Josep Maria Figueres, historiador e profesor da UAB
-Josep Fontana, Catedrático de Historia da UPF
-Antoni Furió, director de publicacións da UV
-Pere Gabriel, catedrático de Historia Contemporánea da UAB
-Xoán Carlos Garrido Couceiro, investigador e membro do Consello da Memoria
-Antoni Gavaldà Torrents, profesor de Historia Contemporánea da URV
-Jon Gurutz Olaskoaga, investigador e profesor de Historia do dereito da EHU
-Francisco Letamendia, contemporaneísta e profesor da EHU
-Anselmo López Carreira, medievalista e catedrático de Historia
-Xosé Antonio López Teixeira, medievalista e docente de Xeografía e Historia
-Jose Mari Lorenzo, contemporaneísta e profesor da UD
-Bernardo Máiz, investigador e catedrático de Historia
-Jordi Oliva, investigador, activo do Centre d'Història Contemporània
-José Luis Orella Unzué, medievalista e modernista, profesor da UD
-Dionísio Pereira, investigador e membro do Consello da Memoria
-Manuel Perez Nespereira, investigador, Grup d'Estudi d'Històira de la Cultura i dels intel.lectuals, UB
-Héitor Picallo Fuentes, investigador
-Enric Pujol, investigador e profesor de UAB
-Hilari Raguer, historiador e monxe de Montserrat
-Francisco Xavier Redondo Abal, investigador
-Frances Roca, economista e historiador
-Fermí Rubiralta, investigador e docente de Historia
-Marcos Seixo Pastor, investigador e docente de Historia
-Felipe-Senén López, Arqueólogo e Museólogo
-Antoni Simon i Tarrés, Catedrático de Historia da UAB
-Jaume Sobrequés i Callicó, Catedrático de Historia de Catalunya da UAB
-Antonio Somoza Cayado, investigador do Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”
-Virginia Tamayo, investigadora e profesora da Historia do Dereito da EHU
-Lluís Ferrán Toledano González, profesor de Història Contemporánea da UAB
-Josep María Torras Ribé, profesor titular de Historia Moderna da UB -Ramón Varela Punhal, investigador e docente
-Xosé Ramón Veiga Alonso, profesor titular de Historia Contemporánea USC
-Carlos Velasco Souto, profesor titular de Historia Contemporánea da UdC
Vicente Montero Santalla
Antonio Núnhez Rodríguez
Teodomiro Cardalda Fernández
Fernando Pereira González
Xabier López García
Constantino Prego Paz
Irma Amado Nodar
Susana López Fernández
Aitor Rivas Rodríguez
Manuel Suñarez Suárez
Alberte Domínguez Mato
Lito Caramés
David Rodeiro Pazos
Roberto López Veiga
Xulio Anxo Martínez Costas
Verónica López Ferreira
Rubén Pardinhas
José Fernando Lopes Arias
Jairo Dorado Cadilla
Xosé Manuel Rodríguez González
Brais Gondar Domínguez
David Osorio Álvarez
Xesus Martínez López
Javier Alfaya Reguera
Francisco Garcia Quiroga
Jesus Calvo Pita
Dores Asorei Veiga
César Carrenho Yánhez
Xosé Ramón García Martínez
Paulo Jablonski
Xoán Francisco López Pérez
Beatriz Vilaverde Santamarinha
Roberto Castro Tomé
Miguel Angel Mosteiro Rodriguez
Ana Belén Martínez Delgado
Anton Fernandez Malde
Fernando Iglesias Bouza
Joan Campio Rodríguez Gómez
Santiago Carvalhido Cortinhas
David León Vázquez
Manuel Pacior Pérez
Breogán Antón Martínez Vila
Santigo Iglesias García
Javier Alvite Iglesias
Renato Domínguez Presa
Roberto Gil fernandez
Manuel Novo Buján
M.Arturo Cervinho
Carlos Sánchez Regueiro
Paulo Carlos López López
Daniel Salgado García
Sergio Carracedo Martinez
Roberto Roget Antelo
Lluís Felip i Aced
Alberto Pereira Suárez
F.Xavier Perdiz Álvarez
Xosé M. Lema Suárez
Xabier Lago Mestre
Rafael Gutiérrez Araujo
Francisco Alexandre García Caamanho