Esta fin de semana, en Pontevedra, o clube coruñés impúxose na categoría masculina e na feminina, e, ademais, bateron varias marcas.
O equipo do Club Natación Coruña proclamouse Campión Galego Absoluto esta fin de semana en Pontevedra.
Os nadadores e as nadadoras do CN Coruña dominaron nas dúas categorías (masculina e feminina). Os mozos conseguiron 480 puntos, fronte os 392 do Pabellón Ourense e os 382 de CN Ferrol. As mozas fixeron 680 puntos, polos 425 do CN Galaico e os 351 do Pabellón Ourense. Na categoría conxunta, suma das anteriores, o clube coruñés sumou 1.108 puntos que o fixeron proclamarse campión. Subcampión galego ficou o Pabellón Ourense con 743, e terceiro foi o CN Galaico, con 700.
Na categoría júnior masculina o clube gañador foi o Pabellón. O CN Coruña quedou segundo e o CN Ferrol terceiro. Na feminina o gañador foi o CN Ferrol, seguido das coruñesas e das ourensás.
Batéronse varias marcas
Ademais, os nadadores coruñeses bateron varias marcas. Houbo tres marcas do campionato: a de Javier Martínez en 50 braza, a de Aurora Pérez en 50 braza. Ademais o equipo de relevo de 4 x 100 estilos feminino (formado por Lara Carballo, Aurora Pérez. Alba Franco e Raquel Martínez) bateu a marca galega.