Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Chegou a quenda das mozas

Crean a primeira Copa Galiza de fútbol feminino

Era unha débeda pendente cos equipos do país. Moitos deles xogan entre os mellores do Estado, e o seu labor poucas veces é recoñecida.

Redacción - 18:10 14/07/2008
As xogadoras do Olivo Novaxove, que perderon a oportunidade de ascender anbte o Barça, este verán

As xogadoras do Olivo Novaxove, que perderon a oportunidade de ascender anbte o Barça, este verán

Aínda non se sabe cando vai ser, mais esta terza feira os clubes participantes e a Federación Galega de Fútbol van desenvolver unha primeira xuntanza na que se van ultimar todos os detalles da I Copa Galiza de Fútbol Feminino.

Despois de que este ano se desenvolvese a primeira Copa para os mozos, a anteriormente coñecida como Copa Xunta, que gañou o Celta, chegou a quenda das mozas.

O único que sabemos certo é que o equipo que gañe a I Copa Galiza está entre os que seguen (todos eles de Primeira Nacional, a segunda division do fútbol estatal): FV de PR El Olivo, Val do Ulla FC, Atlético Arousana, Pontevedra CF, Xuventú Aguiño e Peluquería Mixta Friol.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: