Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo. Bici de montaña

Bronce para Toni Ferreiro no Europeo de Descenso

O vigués estivo a piques de quedar co título, mais ao final tivo que se conformar coa terceira praza.

Redacción - 13:25 14/07/2008
Toni Ferreiro

Toni Ferreiro

O vigués Toni Ferreiro acariñou o ouro e o Campionato de Europa de descenso en Bicicleta de Montaña esta fin de semana en Valmalenco-Caspoggio (Italia), mais ao final, despois dunha pelexa pola primeira praza, tivo que se conformar coa terceira e coa medalla de bronce que, por outro lado, o introduce de cheo na loita continental da modalidade, cos mellores ciclistas de Europa.

Ferreiro fixo o percorrido nun tempo de 2,37,60, mentres que o gañador, o francés Remi Trillón gañou a medalla de ouro con 2,35,18 (fora bronce na última edición do Campionato). A prata foi para o austríaco Boris Tetzlaff.

O técnico da selección estatal, Cristóbal Sánchez amosouse contento e nada sorprendido polo podio de Ferreiro: "Como sempre Toni estivo moi tranquilo, cunha baixada moi regular e só tivo algún problema nunha parte moi difícil, cara o final".


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: