Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
EN HUNGRÍA

Gómez Noya, terceiro triatleta con máis triunfos da historia

O atleta ferrolán acada a súa undécima vitoria da tempada, a sétima consecutiva na competición.

Redacción - 15:24 13/07/2008

Xabier Gómez Noya fixo historia este domingo en Tiszaujvaros (Hungría), ao se converter no terceiro corredor de triatlón con máis triunfos. O ferrolán non defraudou as expectativas e acadou o 11º triunfo da tempada, a falta de menos dun mes para as Olimpíadas.

Gómez Noya igualou, aos seus 25 anos, as 11 vitorias do canadense Simon Whitfield (campión olímpico en Sydney 2000) na Copa do Mundo. Na clasificación histórica, por diante de Xabier xa só están o neozelandés Hamish Carter (12) e o australiano Brad Beven (17).

A 11ª medalla de ouro de Gómez Noya supón tamén a súa sétima vitoria consecutiva e o seu 17º podio seguido na competición. Dende hai máis dun ano non coñece outro lugar que o primeiro posto.

Xabier impúxose ao seu rival máis directo, o australiano Brad Kahlefeldt. Gómez Noya fixo un tempo de 1:51:32, mentres que Kahlefeldt quedou 19 segundos por detrás. O terceiro foi o casaco Dmitriy Gaag, a 36 segundos do galego.


5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: