Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Investigación da Comisión Europea

Unha inspección sorpresa da UE descobre un presunto pacto ilegal para subir os prezos dos cereais

Non se fixo público aínda o nome dos implicados que, no sector da distribución e comercio de cereais, serían acusados da formación dun cártel empresarial.

Redacción - 09:00 11/07/2008

"Hai motivos para crer que as empresas afectadas puideron vulnerar as regras do tratado sobre cárteles e prácticas comerciais restritivas", explicaba este xoves a Comisión Europea nun comunicado oficial.

Facíase pública así a existencia de inspeccións sorpresa nas oficinas de diversas empresas comercializadoras e distribuidoras de cereais e outros produtos agrícolas. Presuntamente, as empresas implicadas terían chegado a acordos ilegais para beneficiárense mutuamente, pactando prezos e realizando os movementos necesarios para repartírense a cota de mercado e botar fóra a competencia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: