Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reunión do G8

Sen compromiso fronte á fame no mundo, pero co bandullo ben cheo

Sen conclusións sobre a crise alimentaria e sen compromisos con África, pero os líderes mundiais reunidos en Xapón metéronlle o dente a dezaoito pratos.

Redacción - 09:30 09/07/2008
Tags: África G8

A pé destas liñas poden ver extracto do menú do que puideron gozar os líderes mundiais reunidos en Hokkaido. Dúas ducias de cotizados chefs para elaboraren dezaoito pratos por cabeza. A imaxe da carta publícaa este mércores a prensa inglesa.

A escena coincide co fracaso no debate dos líderes do G8 ao respecto da crise alimentaria e moi especialmente coa renuncia a estabelecer prazos e compromisos concretos coa axuda ao desenvolvemento. Así por exemplo, o G8 prometera hai tres anos investir 32 mil millóns en África, dos que até o de agora só concederon 2 mil millóns.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: