Carme Chacón chamoulles "pena de morte sen sentenza" e dixo que se van destruír as que se atopan nos arsenais do exército canto antes.
A ministra de Defensa española, Carme Chacón, asegurou esta terza feira durante unha visita a unha academia de enxeñeiros madrileña, que o Estado Español (un dos principais produtores do mundo) vai deixar de fabricar bombas en acio ou bombas de fragmentación.
De feito, segundo Chacón, o goberno español vai aprobas, nas próximas semanas, unha norma unilateral sobre o emprego, produción, almacenamento, compra ou transferencia destas armas, e vai ordenar as destrución das que aínda se atopan gardadas nos arsenais militares do Estado (unhas 5.000) en menos de dous anos.
A ministra de Defensa dixo tamén que con estas medidas, o goberno español pretende situarse na vangarda da erradicación desta munición, que definiu como "unha pena de morte sen sentenza". Ademais, Chacón aclarou que o Estado Español nunca empregou estas bombas.