Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CHAMADAS INAPROPIADAS

A Policía galesa, mobilizada por un OVNI que resultou ser a lúa

O teléfono de emerxencias recibiu a alerta dunha persoa que afirmaba ver un obxecto brillante inmóbil enriba da súa casa.

Redacción - 19:10 07/07/2008

O servizo de emerxencias da Policía do Sur de Gales recibe con certa frecuencia chamadas moi estrañas. Unha das últimas produciuse no mes de maio, cando unha persoa chamou alarmada ao 999 alertando dun obxecto non identificado no ceo.

Segundo informa a BBC -e inclúe a transcrición da conversa e mesmo un corte de voz-, o cidadán dixo que vía un "obxecto brillante inmóbil" enriba da súa casa. Cando se mandou unha patrulla até o lugar para ver o que pasaba, resultou ser, simplemente, a lúa chea.

Outras chamadas que fixeron perder o tempo das persoas que atenden o teléfono foron a dun individuo que pediu axuda para votar por un concursante do programa Factor X, ou a doutra persoa que pedía unha moeda dunha libra para poder desenganchar un carro de supermercado.

A gravación forma parte dunha campaña do servizo de emerxencias galés para promover un uso responsábel do número de teléfono. Para conseguir reducir o número de chamadas inapropiadas, agora xa non contestan "Policía, en que podo axudalo?", senón "Policía, cal é a súa emerxencia?", grazas ao consello de investigadores da Universidade de Cardiff.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: