Viaxaban nunha embarcación artesanal que envorcou cando, de camiño á costa sur da Península Ibérica, foi interceptada.
O Servizo Marítimo da Garda Civil cre pouco probábel atopar con vida os nove homes, catro mulleres -cando menos unha encinta- e un menor desaparecidos no mar de Alborán (Mediterráneo español).
A embarcación artesanal en que viaxaban xunto con outras 23 persoas (20 homes e tres mulleres) que puideron ser rescatadas, envorcou ao ser interceptada por Salvamento Marítimo.
Un dispositivo aéreo peneira a zona á procura dos desaparecidos. Os superviventes foron trasladados á cidade andaluza de Granada.