O presidente da Fundación Española de Nutrición, Gregorio Varela, apoiou a presentación da nova consola portátil Nintendo DS que incorpora un software para axudar a mellorar a nutrición e a facer exercicio.
As videoconsolas propóñense mellorar a nosa dieta
O videoxogo "Mi experto en vida sana" diríxese a persoas adultas, sas e sedentarias animándoas a comer mellor e facer máis exercicio. Hai que recordar que España é o segundo país máis sedentario de Europa, tan só superado por Portugal e que o 52% da poboación española padece obesidade ou sobrepeso.
Mediante esta nova ferramenta tecnolóxica (que foi desenvolvida por expertos internacionais en nutrición) preténdese conseguir unha sustancia mellora nos hábitos de alimentarios dos usuarios e fomentar o exercicio.
A Nintendo DS conta cun podómetro de peto que mide os pasos do usuario durante todo o día e que logo se instala na consola para descargar a información. Así, o usuario introduce os seus datos, o exercicio que realiza diariamente e o que come e o software recoméndalle hábitos saudables e diversos tipos de exercicios e ponlle metas para ir logrando os seus obxectivos.
FWWWRANDO