A Consellaría de Cultura calcula que uns 200 xacementos do país están en condicións de recibiren visitas.
Detalle dun dos gravados de Monte de Campelos, no concello do Son / Flickr: vdbann
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente de Cultura, contribuirá á posta en valor dos gravados rupestres de Porto do Son grazas a unha achega de 25.000 euros ao concello. A axuda contempla tamén o acondicionamento dos petróglifos para seren visitados.
Patrimonio estima que no concello concéntranse arredor de 160 petróglifos, dos que varios son facilmente identificábeis, pero outros, máis dispersos e situados en rochas máis pequenas, son menos visíbeis e están en peor estado de conservación. O convenio prevé completar o inventario dos xacementos.
A dirección xeral pretende involucrar os concellos na preservación da riqueza arqueolóxica do país. Cultura calcula que hai uns 15.000 xacementos arqueolóxicos dispersos pola xeografía, dos que uns 200 están en condicións de recibiren visitas. Os conxuntos históricos, postos en valor, acondicionados e abertos ao público, poderíanse integrar na Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.