Nos Estados Unidos aqueles consumidores que queiran comprar o novo iPhone poderán facelo sen ter que asinar un contrato de dous anos coa operadora AT&T, iso si, a cambio terán que pagar 400 dólares máis polo terminal de Apple.
O novo iPhone, a piques de chegar ás tendas
A nova versión do iPhone estará no mercado a partires do vindeiro 11 de xullo a un prezo de 199 dólares (o modelo de 8 GB) e de 299 dólares (o de 16 GB), cantidades que se aplican sempre que o comprador asine un contrato de fidelidade de dous anos de duración coa operadora AT&T.
Pero para aqueles que non queiran facer un novo contrato, Apple déixalles outra opción, un pouco máis cara, iso si. Trátase de mercar o iPhone por 599 ou 699 dólares (segundo o modelo) e contratar algún tipo de suscrición inalámbrica de AT&T.
No entanto, o que non confirmou a compañía é a partires de cando será posible mercar en Estados Unidos o novo iPhone sen contrato de fidelidade.
FWWWRANDO