Volverán xogar en Primeira Estatal, tras venderlle a súa praza a na División de Honra B ao Boadilla.
O pasado mes de maio o OAR Coruña salvaba a súa praza na División de Honra B nun heroico partido contra o Granollers, mais a pasada segunda feira tiña que renunciar a ela.
Tras un mes enteiro de busca de patrocinios e apoios empresariais ou institucionais, o equipo coruñés non conseguiu xuntar un orzamento co que se enfrontar a todo un ano na segunda categoría do balonmán estatal (precisaban perto de medio millón de euros; xa o ano pasado, cos 400 mil euros dos que disputan tiveron problemas para se manter). Finalmente, o equipo optou por ceder os seus dereitos de participación (vender a súa praza) ao Atlético Boadilla DHO, que, á súa vez, deixa o seu sitio en Primeira Estatal ao OAR.
Na "terceira división" o OAR Coruña seguirá contando co que foi o seu técnico os últimos dez anos (tamén os catro que botaron, seguidos, en División de Honra B), Pablo Aguirregabiria. Ademais, esta tempada tamén mudan de cancha, pasando do Pazo dos Deportes de Riazor a pista de San Francisco Xabier.