O goberno surafricano propón para Cimbabue a negociación dun goberno de transición que sume o actual líder da oposición.
Entre o apoio sen fendas do goberno de Gabón á "lexitimidade" do goberno de Robert Mugabe en Cimbabue até a belixerancia amosada por Kenia, desde onde propoñen sancións ao país e mesmo solicitan a súa suspensión da Unión Africana mentres non convoque "eleccións libres". Neses dous estremos se moveron os posicionamentos dos líderes africanos fronte á crise cimbabuesa, no cumio de xefes de Estado que ten lugar esta semana en Exipto.
Doutra banda, Suráfrica, que xa viña actuando como país mediador na crise de Cimbabue, recomendou apostar pola vía do diálogo. O executivo surafricano considera posíbel que a mediación consiga que Mugabe sente a negociar un goberno de transición ao que poida acceder Morgan Tsvangirai, líder da oposición. Tsvangirai solicitara da Unión Africana un posicionamento claro en contra do recente proceso electoral en Cimbabue.