Sabela mándanos esta imaxe para competir en 'Unha imaxe para o galego', e xa van 84.
“A nosa lingua debe permanecer no pobo, transmítea e non deixes que desapareza” este é o texto que acompaña á foto que Sabela nos manda para o concurso 'Unha imaxe para o galego'. E con esta xa hai 84 instantáneas que compiten por ser a imaxe da lingua. Fáltanos a túa! Lembra que tamén temos premios para os mellores vídeos.
Ampliamos catro días o prazo de recepción de traballos. O vindeiro venres 4 de xullo é a data límite para que colgues a túa foto ou vídeo. A semana seguinte, un xurado designado por Vieiros e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dará a coñecer os traballos galardoados.
Consulta aquí as bases e os traballos que xa chegaron.