Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Cambio climático

Depósitos soterrados de CO2 na loita contra o quecemento global

Expertos propoñen enterrar o CO2 en antigas minas en desuso como depósitos de gases de efectos invernadoiro.

Redacción - 09:00 30/06/2008

Xeólogos, científicos e expertos do clima piden aos países industrializados que se impliquen no desenvolvemento de tecnoloxías que permitan enterrar o dióxido de carbono en antigas minas. Aínda que esta posibilidade non ten demostrada a súa eficacia, semella que podería ser unha opción na loita contra o cambio climático.

Nunha recente xuntanza en Bangkok (Grupo Intergubernamental de Expertos sobre a Evolución do Clima), os especialistas concluíron que ao ritmo actual é imposible cumprir cos obxectivos acordados na Conferencia de Bali para o ano 2050, que prevían reducir as emisións de gases de efecto invernadeiro á metade. O xeólogo escocés Martin Sommerkam opina que son necesarias medidas máis radicais.

Depósitos soterrados
A idea é aproveitar as galerías mineiras en desuso como depósitos soterrados dos gases de invernadoiro, é dicir, captaríase o dióxido de carbono emitido polas centrais térmicas ou fábricas, transportaríase e enterraríase en antigos xacementos de petróleo ou carbón. Así, estes gases non poderían contribuír ao quencemento global.

Esta tecnoloxía permitiría economizar aproximadamente un 35% das emisións de CO2 da siderurxia das fábricas de cemento e das centrais eléctricas, que por exemplo en 2004 supoñían uns 29.000 millóns de toneladas de dióxido de carbono.

Aínda en probas
Esta opción de loita contra o quecemento global está a ser obxecto de diferentes experimentos tanto en Europa como en Estados Unidos. No Estado Español xa se reservaron once emprazamentos por toda a xeografía peninsular para no futuro almacenar a máis de 1.000 metros de profundidade as emisións de CO2. Os lugares escollidos son catro na plataforma continental do Cantábrico, fronte aos concellos de Llanes e Buelna (Asturias), Suances (Cantabria) e Mundaka (Vizcaia); outro na baía de Huelva; e o resto en terra, preto de Colmenar Viejo (Madrid), Guardo (Palencia), La Tumba (Zaragoza), Eljuive (Teruel), Tomelloso (Ciudad Real) e La Murada (Alicante).

A Fundación para Estudos sobre a Enerxía e a Secretaría Xeral de Enerxía decidiron dar este paso para evitar futuras especulacións que pretendan reclamar supostos dereitos mineiros. Doutra banda, algunhas organizacións ecoloxistas xa denunciaron riscos de escapes de CO2 ou de que algunhas burbullas de gas suban á superficie a través de fisuras.

Mentres, queda aínda por demostrar a fiabilidade deste sistema, así como a súa viabilidadade técnica e económica a grande escala.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: