Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
PATRIMONIO

Unha aperta dende A Coruña "para a humanidade"

O alcalde, Xavier Losada, amosa o cariño dos coruñeses nun vídeo de apoio á candidatura da Torre de Hércules.

Redacción - 14:00 26/06/2008

Así de cariñoso é como se presenta o alcalde da Coruña, Xavier Losada, no seu vídeo de apoio á candidatura da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade: "Abracei a Torre porque quero abrazar o mundo. E abrazando unha torre que leva máis de dous mil anos alumeando o mundo estou abrazando a humanidade. E os coruñeses querémoslle á humanidade. Os coruñeses somos solidarios coa humanidade. E por iso abracei intensamente o patrimonio da humanidade máis fermoso: a Torre de Hércules".

O vídeo, que salienta no seu blog Martin Pawley, forma parte dunha serie que se pode ver na web Farodahumanidade.com, onde diversos cidadáns da Coruña e turistas amosan o seu apoio á candidatura dende a praza de María Pita.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: