Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día de apoio ás vítimas de tortura

A UE renuncia a medidas que eviten novas "detencións secretas" dos EUA

Aministía Internacional critica que se neguen evidencias das ilegalidades acontecidas e que non se faga nada para evitar que se repitan.

Redacción - 09:00 26/06/2008

"Os gobernos europeos negan o evidente e levan demasiado tempo esquivando a verdade", reprochan desde Amnistía Internacional. O colectivo aproveitou a convocatoria para este 26 de xuño do Día Internacional de Apoio ás Vítimas de Tortura para recordar que hai persoas que continúan retidas "ilegalmente" en cárceres de Guantánamo e Exipto, despois da súa detención en territorio europeo e coa conivencia e participación de varios Estados europeos.

Un informe recente pon de exemplo media ducia de casos de detencións realizadas e recorda que todas as vítimas de entregas e detencións secretas coas que se puido contactar confirmarían a existencia de torturas e malos tratos. No entanto, a Unión Europea rexeitou tomar medidas concretas e coordinadas para que garantir que este tipo de violacións dos dereitos humanos non volverán repetirse. Aministía critica que os líderes da UE se gaben de actuar de xeito "responsábel" na loita contra o terrorismo e despois obstaculicen iniciativas que evitarían que casos coma eses sucedan outra vez.

"Un Estado é responsábel de infrinxir o dereito internacional se lle axuda deliberadamente a outro Estado a cometer unha violación de dereitos humanos", subliña o colectivo, recordando que os responsábeis dos secuestros e traslados ilegais, nos que presuntamente colaboraron axentes europeos xunto con persoal da CIA, "aínda non renderon contas pola súa actuación". Até o de agora, as investigacións nas que algúns fiscais trataron de afondar foron obstaculizadas polos gobernos argumentando como escusa "razóns de seguridade nacional" e "secreto de Estado".

Concentración na Coruña e conferencia en Ourense
En Galiza, Amnistía Internacional convida á mobilización este mércores na Coruña, na zona do Obelisco, baixo o lema "Tortura: que non quede na sombra". Será ás 20h, e haberá unha perfomance onde se representarán "como as condicións de secretismo e ocultación nas detencións fomentan o uso da tortura".

En Ourense, o Observatorio para os Dereitos e Liberdades, Esculca, organiza unha palestra informativa no café Trampitán, na Praza Maior, ás 21h. Aló presentarán o Informe 2007 de Torturas e Mortes Baixo Custodia da Coordinadora de Prevención da Tortura, con novos casos de denuncias por tortura e mortes baixo custodia policial. Falarase tamén da criminalización dos movementos que están denunciando torturas, do que darán conta membros de PreS.O.S. Galiza. Participará tamén o avogado vasco Joseba Agudo quen falará do proceso contra Gestoras Pro Amnistía- Askatasuna. Previamente, o grupo “Maus modos” levará a cabo unha acción teatral en diferentes puntos da cidade a partires das 20h.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: