Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Unha imaxe para o galego

O noso, o idioma de moda

"Segundo os estudos, unha terceira parte dos habitantes do planeta aprenderán galego nesta década", isto é o que nos conta a voz en off do terceiro vídeo que chegou ao concurso.

Redacción - 18:40 25/06/2008

Galiza é a maior potencia económica, e o galego unha das linguas máis faladas no planeta, "grazas a unha serie de visionarios que (no século XIX) decidiron emprender a fazaña de estender a súa lingua por todo o mundo", con isto, e co feito de Galiza dominar todo canto hai a nivel económico, somos unha das principais potencias da Terra. Ou isto é o que se di no documental O galego: idioma de moda, que Xela Rodríguez envía ao concurso Unha imaxe para o galego.

A menos dunha semana para que se peche o prazo para enviar vídeos e fotografías a concurso, aínda seguen a chegar traballos que compiten por ser a imaxe da nosa lingua.

Levamos máis de medio cento de fotografías, e esta semana aínda chegaron dous vídeos máis, que han pelexar por levar os premios que temos gardados. Se tes por aí os teus propios traballos e non sabes que facer con eles, a que agardas para envialos? Ti es a (re)cámara do idioma; do noso, que seica está de moda.

Consulta aquí as bases e os premios.


4,64/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: