Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Por segunda vez en poucas semanas

Atopan artes de pesca ilegais no Parque das Illas Atlánticas

O servizo de vixilancia retirou, en colaboración coa confraría de Cangas, un feixe de aparellos que poñían en perigo a cría do polbo.

Redacción - 13:00 25/06/2008

Segundo explican desde a dirección do Parque, trátase de prácticas realizadas por "desaprensivos" que botan man de artes de pesca ilegais. De momento non se identificou aos responsábeis concretos destas accións "pouco solidarias coa xente que vive da pesca" ou se cadra "simplemente furtivos".

A gravidade do acontecido ten que ver ademais coa propia natureza das especies afectadas, neste caso e fundamentalmente o polbo. De por si, a fecundidade xa é relativamente baixa. Unha femia pon anualmente entre 130 e 250 ovos e en ocasións non realiza a posta máis de dous anos en todo o seu ciclo vital. O problema cos "cacharros" aquí atopados é que as postas das larvas fanse nestes artefactos ilegais, que van parar despois á cuberta da embarcación, impedindo así o desenvolvemento das novas poboacións de polbo.

O persoal do Parque das Illas atopou as artes ilegais durante a realización de tarefas de vixilancia rutineiras. En colaboración coa Confraría de Cangas, o servizo de gardería do Parque izou a liña de 23 aparellos, nos que se atoparon até cinco polbos, que foron devolvidos ao mar. O pasado 3 de xuño, un buzo de navalla da confraría canguesa atopara outros 21 aparellos do mesmo tipo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: