'A flor mais grande do mundo', recoñecida nos Estados Unidos, e 'Automóvil´, de Andrés Victorero, mención de honra en Portugal.
A flor mais grande do mundo, filme de animación de Pablo Etcheberry, realizado a partir dun relato de Saramago, e producido por Continental Animación, continúa a súa xeira de triunfos. A curta, que foi candidata ao Goya á mellor curtametraxe de animación, recibiu o premio ao mellor argumento no Chicago Short Film Festival. A nova acadou unha gran repercusión en Portugal.
Pero non foi este o único premio para o cine galego nesta semana. A última curtametraxe do creador galego André Victorero, que leva por título Automóbil, conseguiu unha mención de Honor no Festival Internacional de Curtametragens do Porto. A curtametraxe acadou este recoñecemento en gran medida pola súa gran calidade técnica.