A Planetary Society enviará outro DVD ao satélite da Terra cos nomes das persoas que o desexen.
A Lúa / NASA
A Planetary Society, que hai pouco conseguiu colocar sobre Marte un DVD con nomes de 250.000 persoas, anunciou que levará outro disco semellante á Lúa, polo que mantén aberta a convocatoria para que máis xente quede inmortalizada arredor do satélite terrestre.
O proxecto Messages from Earth (mensaxes dende a Terra), que xa chegou, por exemplo, á órbita de Saturno, na sonds Cassini, ou cara a Plutón, a bordo da New Horizons, dará o seguinte paso cara á Lúa co lanzamento do Lunar Reconnaissance Orbiter da NASA. Desta volta, o prazo para se apuntar remata o venres 27 de xuño.