Os xubilados de Euskadi, Asturias e Madrid cobran de media 897, 866 e 852 euros, respectivamente.
As estatísticas seguen a reflectir que ser vello en Galiza é moito máis difícil que en calquera outra comunidade do Estado. Segundo os datos que este mesmo venres fixo públicos o Ministerio de Traballo, un pensionista cobra de media no noso país 600 euros, mentres que a media estatal é de 814.
Por comunidades, as que teñen maiores pensións son Euskadi (897 euros); Asturias (866); e Madrid (852). Pola contra, xunto con Galiza están Murcia (634); e Estremadura (611)
Poden ampliar información na páxina do Ministerio de Traballo