Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
POR PIRATEAR OS SEUS PROGRAMAS EN INTERNET

Telecinco demanda a Youtube

Polos vídeos reproducidos e postos a disposición do público na web

Redacción - 11:53 20/06/2008

O conselleiro delegado de Telecinco, Paolo Vasile, anunciou onte que presentou unha demanda o pasado 21 de febreiro ante o Xulgado número 7 do Mercantil contra o portal Youtube, filial de Google, por 'atentar contra os dereitos de propiedade intelectual e industrial da cadea' cos vídeos reproducidos e postos a disposición na web.

Vasile criticou, ademais, a 'celebración' que se fai da 'piratería' de Youtube e Google. 'A piratería', asegurou Vasile nunha rolda de prensa xunto ao responsable dos asuntos xurídicos da empresa, Mario Rodríguez, 'é un atentado á liberdade de expresión e a conculcación dun dereito fundamental e Youtube, a pesar dos requirimentos, negouse a adoptar medidas efectivas e a asumir a súa responsabilidade'.

Onte, Google limitouse a asegurar nun comunicado que 'non recibiu ningunha demanda'. A este respecto, de feito, Vasile asegurou que foi 'difícil' levar a cabo a notificación. 'Youtube', asegurou, 'é tan consciente da ilegalidade' que está 'tratando' de 'eludir a intervención dos xulgados e tribunais españois'. Isto, segundo Telecinco, demóstrase nos seus intentos por eludir a notificación'. Tras este comunicado de Google, a cadea confirmou que a demanda está a disposición de Google e Youtube no xulgado.

Vasile asegurou que non se puxeron en contacto con outras cadeas nin coa patronal Uteca porque prefiren 'facelo rápido' e 'sos'. Ademais, asegurou, que non pacta con quen 'colabora cos piratas'. Cadeas como Antena 3 son 'partners' de Youtube teñen canles abertas no portal.

O presidente do Foro Iberoamericano da Propiedade Intelectual, Javier Cremades, asegurou onte que 'Google ten un problema a longo prazo' e que deberá chegar a acordos cos propietarios dos dereitos'.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: