Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA

O éuscaro coñécese máis pero fálase menos

Un estudo revela que o número de falantes de euskera medrou en Euskadi durante os últimos 15 anos un 6%.

Redacción - 12:24 22/06/2008

Como todas as enquisas, este estudo elaborado polo goberno vasco pode ter diferentes lecturas. Dunha banda, a IV Enquisa Sociolingüística revela que o número de persoas maiores de 15 anos que falan euskera e castelán medrou dende 1991 a 2006 un 6%. A conselleira vasca de cultura asegurou que isto demostra que o idioma avanza con paso firme no seu proceso de revitalización.

Porén, malia a coñecelo, a poboación utiliza menos o euskera agora que hai 15 anos. Na actualidade, o 30,1% dos vascos son bilingües e o 18,3% entende o euskera pero non o pon en práctica. Fronte a eles, o 51,5% só fala e entende o español. A explicación que aporta o Departamento de Cultura é que a maioría da poboación bilingüe é euskaldunberri, é dicir, ten como primeiro idioma o castelán e vive, ademais, en lugares onde predomina o seu uso.

Outros datos
Se afondamos nos datos, descubrimos que a perda do uso do euskera comeza na mocidade. Por baixo dos 50 anos, o número de bilingües aumentou en todos os grupos de idade, unha tendencia que é máis alarmante nos mozos. Só o 57,5% dos rapaces de 16 a 24 anos sabe tanto euskera como castelán, e deles o 24,9% non emprega o euskera en ningunha situación.

Doutra banda, a utilización da lingua vasca en termos absolutos medrou en todos os ámbitos ao longo destes 15 anos de estudo, aínda que o aumento foi maior nos ámbitos formais que dentro da familia e o núcleo de amigos. Iso sí, o 18,6 % dos habitantes de Euskadi emprega o seu idioma propio na súa actividade diaria, cinco puntos máis ca no 91. Unha proba máis de que as enquisas teñen diferentes lecturas.


Documentos

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: