Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FOTOGRAFÍA

A arquitectura tradicional galega supera as 1.100 fotos en Flickr

O grupo conta con máis de 225 usuarios que achegan imaxes do patrimonio do país.

Redacción - 11:50 19/06/2008
Pombal en Xuño / Flickr: xornalcerto

Pombal en Xuño / Flickr: xornalcerto

Un grupo sobre arquitectura tradicional galega creado na rede social de intercambio de fotografías Flickr xa superou as 1.100 imaxes. A iniciativa, impulsada, entre outros, polo responsábel da web Cultura Popular de Sandiás, xa conta con 229 membros.

O obxectivo do grupo, aberto á participación de todas as persoas que o desexen, é reflectir o rico patrimonio arquitectónico tradicional do país, en moitos casos condenado á desaparición. Admítense fotografías de eiras, alpendres, alvarizas, hórreos, fontes, casas, ferrarías, lavadoiros, capelas (mais non igrexas), cruceiros, petos de ánimas... Só hai que ter afección pola fotografía e interese por retratar o noso patrimonio.


5/5 (7 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: