O Exército israelí mata varios combatentes palestinos, pouco despois de anunciar Exipto o inicio dunha tregua para esta quinta feira.
Palestinos observan un coche bombardeado nun ataque israelí
Polo menos seis palestinos morreron este martes logo dunha serie de ataques aéreos do Exército de Israel sobre Gaza, xusto despois de que Exipto anunciase un cesamento do fogo progresivo entre Hamas e o goberno israelí esta mesma xornada, informan as axencias internacionais.
Unha fonte anónima vinculada á mesa de negociación avanzou, nun primeiro momento, a tregua. Esta información foi confirmada oficialmente pouco despois tanto por autoridades israelís como palestinas.
Ao respecto do último ataque do Exército israelí, o voceiro de Hamas Sami Abu Zuhri sinalou que se trata dun intento de boicotear o cesamento do fogo e ameazou con vinganza, segundo informa o diario Haaretz.
Entre as condicións da tregua, que en principio terá unha duración de tres días, Hamas pide o fin do bloqueo sobre Gaza así como a apertura dos postos fronteirizos, mentres que Israel esixe o inmediato cesamento do lanzamento proxectís.