A poboación chinesa é das máis afectada, mais tamén parte da de Hong Kong e Macau.
A polución do aire á a causante de, polo menos, 10 mil mortes ao ano en Hong Kong, Macau e o sur da China, segundo os resultados dun estudo publicado esta semana en Hong Kong polo Civic Exchange Institute.
"Estimamos que perto de dez mil mortes son debidas á polución, dez mil mortes que poderían ter sido evitadas", dixo Anthony Hedley, profesor de medicina na Universidade de Hong Kong e un dos autores do estudo.
Esta contaminación é tamén a responsábel de 44 mil días de hospitalización por ano e de once millóns de consultas médicas.
Os autores do estudo apelaron ás autoridades de Hong Kong, Macau e ás chinesas da rexión de Guangdong (no sur) para adoptar un plano que mellore a calidade do aire e que lle proporcione á poboación información, en tempo real, sobre a contaminación atmosférica.