Con imaxes de vídeos gravados por cidadáns "no escenario" da noticia
Youtube lanzou a nova canle Citizen News que permitirá aos usuarios desta canle on-line cubrir as noticias locais coa "súa propia cámara", segundo explicou a directora de contidos políticos da canle, Olivia Ma.
Esta canle alberga imaxes de vídeos gravados por cidadáns "na escena" da noticia; estudantes que produzan o seu propio material audiovisual para un informativo; membros de calquera comunidade que entrevisten aos líderes locais ou xornalistas profesionais que usen esta plataforma como un "complemento adicional" aos seus traballos.
No seu blog, Ma explicou que esta iniciativa servirá para "dar a coñecer" novos xornalistas a través de Youtube. "Os cidadáns usaron esta plataforma para dar a coñecer noticias con diferentes perspectivas aos medios tradicionais e agora teñen unha canle específica", concluíu.