A Asociación Galega de Cooperativas di que a situación é especialmente grave porque tampouco está chegando o penso ás granxas.
Dende a Agaca sinalaron que entre un 80 e un 90% do leite que se produciu este mércores en Galiza quedou sen recoller por mor do paro do transporte. Esta asociación advirte que as consecuencias do paro aínda se están a agravar máis xa que non está a chegar o penso ás explotacións.
A situación pode ser especialmente preocupante a partir deste xoves xa que a maioría das granxas atópanse cos seus tanques frigoríficos cheos, polo que, de seguir a folga, os gandeiros poderían verse obrigados a tirar masivamente o leite almacenado