Centos de explotacións estaban a ter graves problemas para que lles recollesen o leite.
As granxas de todo o país están tendo graves problemas para darlle saída ao leite. A folga de transporte impide dende o luns que os camións cisterna poidan sacar o seu produto con normalidade. A situación é especialmente complicada segundo os sindicatos nas bisbarras coruñesas. De feito, algúns produtores comenzaran xa a tirar o leite que acumulaban nos tanques frigoríficos.
Por iso, o acordo ao que chegou este mércores Unións Agrarias coas asociacións de transportistas en folga pode paliar a dramática situación que vive un sector xa en crise. Os piquetes permitirán a partir deste mesmo mércores un servizo de mínimos para os camións do leite, os de pensos e o transporte de animais mortos