Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O 11 DE XULLO

Chega o iPhone, no medio do rebumbio mediático

O móbil de Apple inclúe novas funcionalidades, pero non satisfai as excesivamente optimistas expectativas.

Redacción - 12:50 10/06/2008

O presidente de Apple, Steve Jobs presentou este luns en sociedade a nova versión do iPhone, o agardado teléfono móbil da compañía estadounidense que xa ten data de chegada ao mercado do estado: o 11 de xullo.

A actualización do aparello adáptao ao mercado europeo, superando unha das súas principais eivas: que non dispoñía de conexión 3G, polo que o acceso á internet a través das redes móbiles do vello continente era demasiado lento. Outra das novidades é que a nova versión terá localizador GPS, co que tamén incorpora unha funcionalidade da que dispoñían outros modelos da competencia.

Pero, a pesar da masiva expectación que espertou o acto público de presentación, que se puido seguir en directo a través de diferentes webs e mesmo chegou a saturar os servidores de servizos como Twitter, polos comentarios de moitos usuarios, o novo iPhone agocha outras novidades non tan desexábeis. Mesmo decepcionou algúns blogueiros, como Marcus. Por exemplo, o novo firmware fará moito máis difícil liberar o teléfono, co que se complicará poder usar software desenvolvido por usuarios de todo o mundo.

Iso fará, tamén, que a compra do iPhone, que probabelmente custe mesmo menos de 100 euros, estea ligada a un draconiano contrato de permanencia e de consumo mínimo co operador de telefonía. No caso do Estado Español, será Movistar, a filial móbil de Telefónica, a marca que terá a exclusividade de distribuír o iPhone no territorio estatal. Porén, aínda non se coñecen as condicións nin as tarifas que impoñerá a compañía española, que se farán públicas nos próximos días. Os rumores apuntan a unha permanencia de dous anos.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: