Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Indicios de irregularidades"

O Tribunal de Contas atopa máis posíbeis buratos no último ano do PP na Xunta

Oito entidades investigadas pola xestión en 2004, entre elas: as fundacións Semana Verde e Cidade da Cultura e a S.A. do Plan Xacobeo.

Redacción / Europa Press - 09:00 10/06/2008

As contas das entidades investigadas son a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, o ente público Portos de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia; a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, Sogama e as fundacións Cidade da Cultura, Semana Verde de Galicia e Deporte Galego. O fiscal xefe do Tribunal de Contas, Olayo González Soler, ordenoulle á sección de axuizamento abrir procedementos para dilucidar se existe responsabilidade contábel na xestión económica que se realizou no ano 2004, o último do PP na Xunta, nestes oito entes vencellados ao Goberno.

González Soler solicitou ademais que se analice a responsabilidade contábel vinculada á xestión dos servizos de alimentación hospitalaria de cinco centros no ano 2005, malia que estas análises foron incluídas polo Consello de Contas xa no seu informe de fiscalización referido a 2004. Os servizos de alimentación investigados son os dos hospitais Nicolás Peña, Xeral Cíes, Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Comarcal de Monforte e Xeral Calde de Lugo.
O fiscal tomou a decisión despois do informe remitido de oficio polo Consello de Contas sobre o exercicio fiscal de 2004, ao considerar que existirían indicios de responsabilidade contábel respecto a estas entidades e a conta xeral de Galiza en 2004.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: