Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PREMIO

Jaureguízar leva o 'Terra de Melide' con 'O globo de Shakespeare'

Edicións Xerais encargarase de publicar a obra do escritor e xornalista.

Redacción - 14:40 09/06/2008

O escritor e xornalista Santiago Jaureguízar fíxose este sábado co galardón da edición 2008 do premio de creación literaria "Terra de Melide" coa súa novela O globo de Shakespeare. O xurado estivo composto por Xesus Manuel Marcos, Xaquín Vázquez, Anton Pedreira, Óscar Sánchez e Manuel Bragado.

O libro conta como o descubrimento do manuscrito do primeiro 'Hamlet' que levaba perdido dende finais do século XVI nun pazo do Ribadeo do século XXI altera a vida dos seus tres habitantes: o titiriteiro Ricardo, o pintor Leandro e a ama de chaves Celia. Na farsa concorren asemade unha prostituta que continúa exercendo porque se sente soa e un actor secundario de wenstern obsesionado con matar a un ex presidente español porque o goberno que presidía promulgou unha lei do cinema que, na súa percepción, deixouno sen traballo.

A obra será publicada por Xerais.


3,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: