Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Participan na II Xornada Galega de Deporte

Seiscentos nenos e nenas xuntos polo deporte en Ourense

A xornada comezará ás 10:00 horas da mañá e terminará ás 18:30 horas, cos agasallos.

Redacción - 19:16 05/06/2008

Seiscentos nenos e nenas de toda Galiza han participar esta sexta feira 6 de xuño na II Xornada Galega de Deporte na Escola, que se desenvolverá en Ourense.

Despois dun ano de actividades cos case 200 centros educativos que participaron neste programa, posto en marcha pola Consellaría de Cultura e Deporte e a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, chegou o momento da despedida, cunha xornada de deporte para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos.

A xornada comezará as 10:horas nos diferentes pavillóns e instalacións deportivas da cidade de Ourense (Complexo Deportivo dos Remedios, Pazo dos Deportes Paco Paz, Pavillón Deportivo Universitario e Pavillón da Comisaría da Policía), coa participación de 23 equipos pertencentes a 13 centros educativos. Pola mañá as e os rapaces xogarán ao bádminton, baloncesto, balonmán, fútbol sala, voleibol, xadrez e a terán unha proba cultural, mentres que ás 14:00 horas haberá un xantar de convivencia para todos (nenos, nenas e educadores) en Expo-Ourense. Pola tarde, a partir das 16:00 horas, é a quenda do atletismo e a natación.

Este ano a novidade foi a ampliación do programa a 3º e a 4º d depa ESO, cubrindo todo o abano de idades, e fuxindo das especialización dos máis cativos nun deporte en concreto e introducíndoos nosortes colectivos por medio de xogos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: