Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Kalandraka conta a historia do 'Rainbow Warrior'

A editorial presentou na sede de Greenpeace o libro no que relata, en galego, castelán en portugués, as fazañas do barco da organización ecoloxista.

Redacción - 17:57 05/06/2008

Dúas baleas nadaban nun mar xeado. A máis pequena lacazaneaba. Non quería facer unha viaxe que con toda seguridade sería longa. A máis grande empurrábaa suavemente e cantáballe unha historia: "Hai anos, cando os homes comezaron a construir barcos de corazón mecánico, un día crearon o primeiro para protexer a nosa especie...".

Juan López de Uralde, director executivo de Greenpeace, Xosé Ballesteros (director de Kalandraka), e Rocío Martínez, autora e ilustradora do libro, presentaron A historia do Rainbow Warrior, unha obra publicada en tres linguas (galego, portugués e castelán) que relata a historia do Rainbow Warrior, o buque da organización ecoloxista. A sé central de Greenpeace, no número 107 da Rúa San Bernardo, acolle estes días a exposición das ilustracións orixinais de Rocío Martínez que se publican no libro.

Repasando o catálogo de Kalandraka atópanse varios exemplos de compromiso co medio ambiente; libros como Un cuento para el futuro ou Nunca Máis, publicados a raíz dos incendios de 2004 en Andalucía ou a marea negra tralo afundimento do Prestige en 2002, querían "provocar a reflexión" dos lectores -pequenos e grandes- sobre a necesidade de preservar o mundo que habitamos.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: