Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O PN debería facer un seguimento ambiental de todas as intervencións

Obra provoca danos á flora do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Actualmente estanse a levar a cabo obras de instalación dunha pequena depuradora de augas residuais para o Restaurante Rodas, nas Illas Cíes, que está a provocar danos na flora dunar cercana.

FEG - 00:24 04/06/2008

O lugar de realización desta obra está moi preto das dunas de Muxieiro, medio especialmente sensible a calquera alteración e moi valioso pola súa flora. A este respecto, destaca a presenza de dúas especies de indubidable valor florístico a nivel galego:
- A camariña (Corema album), en franca regresión nas nosas costas, e que atopa en Cíes unha das súas mellores poboacións.
- A herba de namorar de duna (Armeria pungens), que en Galicia só se atopa en Cíes.Os movementos de terra e pedras causados polas obras provocaron o aplastamento de varios exemplares de ambas especies. Cómpre lembrar que a normativa do Parque Nacional prohibe a destrución da flora, e que estas especies se atopan nun hábitat prioritario protexido pola Directiva Hábitats da UE, sendo estas accións sancionables. Esta actuación vese agravada polo emprego da área valada da duna de Muxieiro (dentro da área de reserva do Parque), próxima á obra, como zona de almacenamento de palets e un depósito de obra, causando o aplastamento do sistema dunar.

Considerando positiva a obra para eliminar vertidos fecais, desde a FEG cremos que nun entorno desta fraxilidade e con valores botánicos tan importantes debería ser máis controlado o seu desenvolvemento por parte dos responsables do Parque. Feitos coma este son denunciables en calquera zona costeira, e baixo ningún concepto deberían repetirse nun espazo coa máxima protección dentro da lexislación estatal.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: