Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O desemprego baixa un 1,86%

Case tres mil persoas saíron das listas do paro en maio

O número de desempregados baixou en Galiza en 2.970 persoas o último mes, ao tempo que no conxunto do Estado aumentaba un 0,6%.

Redacción - 10:45 03/06/2008

A cifra total de desemprego en Galiza pecha o mes de maio cun total de 156.779 persoas sen traballo. O balance do mes amosa un descenso en 2.970 persoas das listas de desemprego, un 1,86% menos ca no mes anterior. En abril, o paro quedara en Galiza en 159.749 persoas, o que xa indicaba un pequeno descenso con respecto a marzo do 0,27%, daquela con 431 parados menos.

No mesmo período, o conxunto do Estado chega ao mes de xuño con 2.353.575 persoas en situación de desemprego, segundo os datos do Ministerio de Traballo. Isto supón un aumento de 15.058 persoas respecto do anterior mes, un incremento do desemprego do 0,6%.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: